O Concello

Departamentos

* Deseñando o teu futuro na Costa da Morte 04/08/2015

Deseñando o teu futuro na Costa da Morte

O proxecto Deseñando o teu futuro na Costa da Morte consiste na organización de estadías en empresas de mocidade de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo (con idade entre os 14 e 18 anos).As estadías son de 30 horas en total e pretenden que a xuventude coñeza ocupacións e actividades económicas cara as que se poden ir orientando, tamén á hora de elixir a súa formación profesional ou universitaria. Ademais se impartirá 6 horas de formación sociolaboral

Para a mocidade
Poden participar persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anosPrazo de inscrición: ata o 22 de agosto 2015Data prevista para a realización das estadías: finais de agosto e principios de setembro (6 días)Axuda: darase unha axuda de 6 euros por día de estadía (total de 32€/persoa se remata o proxecto) 

Para as empresas colaboradoras
Para executar este proxecto necesitamos a colaboración de empresas do concello, as cales poden acoller aos rapaces e rapazas nunha ou varias xornadas.As empresas serán publicitadas na web do proxecto.Prazo de inscrición: ata o 22 de agosto 2015Data prevista para a realización das estadías: finais de agosto e principios de setembro (6 días) 

INSCRICIÓNS:
Na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas
Falar con María Jiménez ou Emilio González (adl@camarinas.net)
T 981 737 004 de luns a venres de 8:00 a 14:00h 

MÁIS INFORMACIÓN:
onosofuturo.wordpress.com

Descargas relacionadas


© by Abertal