O Concello

Departamentos

* AXUDAS para a entrega de alimentos a familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo 07/07/2015

AXUDAS para a entrega de alimentos a familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo

O Concello de Camariñas abre o prazo para a presentación de solicitudes dirixidas a participar no programa de entrega de alimentos a familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo.  

Requisitos:

-       Ser maior de idade e ter menores a cargo
-       Estar empadroada/o  e ter residencia efectiva no concello de Camariñas.
-       Que a unidade de convivencia teña ingresos insuficientes de acordo ao seguinte:  

Membros Contías totais
2 -->592,41
3 -->672,29
4 -->738,85
5 -->805,41
6 -->871,98
7 -->898,60  

En todo caso, non se poderán conceder estas axudas cando calquera membro da unidade de convivencia dispoña de bens patrimoniais dos que se deduza a existencia de medios materiais suficientes. Teranse en conta para iso as características, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación dos bens mobles ou inmobles de que dispoña a unidade de convivencia da cordo ao seguintes:

-       Cantidades líquidas ou títulos/valores superiores a 2.130 €
-       Outros bens, excluída a vivenda habitual cun valor superior a 6.390,13 €  

Documentación que deben presentar xunto coa solicitude:

-       Fotocopia  do DNI do solicitante.
-       Volante de empadroamento colectivo
-       Xustificante dos ingresos do ano 2014 e primeiro semestre do 2015
-       Movemento das contas bancarias do último semestre e saldo actual.
-       Xustificante de gastos fixos: recibo do aluguer da vivenda.  

O prazo remata o vindeiro día 17 de xullo de 2015

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, situado na casa de pedra. Lembrámoslles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ó teléfono núm. 981 73 70 04.

Descargas relacionadas


© by Abertal