O Concello

Departamentos

* A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 18/06/2015

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA convoca prazas de residencia nos centros residencias da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2015/16.

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:  

Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2015/16 e non repetir curso.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha  modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza e tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.  

Para os efectos desta orde, terase en conta a situación económica  da unidade familiar en 31 de decembro de 2014.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 17 de xullo de 2015.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 7 de agosto de 2015.

Forma de presentación.
a) Cando a solicitude e a documentación preceptiva se presenten no centro, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.
b) Cando se presenten nun lugar distinto do centro, a solicitude irá acompañada dos documentos orixinais ou copias cotexadas.

Documentación:
a)  copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta de forma telemática.
b) xustificante da matrícula para o curso académico 2015/16.
c) copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
d) certificado de convivencia que acredite en 31 de decembro de 2014 que o solicitante e os demais membros computables residen na mesmo domicilio.
e) copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, en defecto desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta de forma telemática.
f) certificado oficial das notas do curso escolar 2014/15.

se fose necesario:

g) certificado acreditativo do grao de discapacidade e/ou xustificación documental da percepción de prestación da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou equivalente de clases pasivas, cando non autoricen a consulta de forma telemática.
h) xustificación da extinción da prestación ou subsidio por desemprego e a tarxeta que acredite que continúa inscrito como demandante de emprego.
i) certificado do centro de menores ou a resolución xustificativa do acollemento familiar.
j) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.  

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

mais información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150618/AnuncioG0164-100615-0001_gl.html
ou chamando o 981737004 (Ali Trillo educadora familiar)


© by Abertal