Están convocadas á proba persoas candidatas de cada ámbito nas categorías de enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista e peón que figuran admitidas na lista previa definitiva publicada na páxina web de SEAGA no perfil “Prevención/Defensa/Extinción contra incendios forestais”, Distritos I a XIX, maiores de 18 anos e que non excedan a idade máxima de xubilación forzosa.
Importante: non están convocadas todas as persoas da listaxe, só as primeiras. O número de persoas convocadas varía segundo as distintas categorías polo que se recomenda consultar a listaxe de persoas convocadas no enlace que sinalamos máis abaixo.
A proba de aptitude física (Field Test) consistirá en camiñar 3200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.
As persoas participantes deberán achegar no lugar da proba un certificado médico oficial ou informe de saúde, firmado e selado por un / unha colexiado / a en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade nin discapacidade que impida a súa realización. O dito certificado terá unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.
É obrigatorio levar o DNI ou, no seu defecto, pasaporte ou carné de conducir orixinais, ou documento equivalente, sendo excluídas as persoas que non poidan acreditar a súa identidade.
Lugar da proba: Estadio Multiusos San Lázaro, Avda. Fernando Casas Novoa 20 – Santiago de Compostela.
Data: 10/06/2015
Hora: O primeiro chamamento iniciarase ás 9:00 h. (Cada persoa pode consultar a hora do seu chamamento na páxina web de SEAGA)
Ábrese tamén o prazo de 3 días hábiles para a presentación de formación baremable.
Máis información:
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php
(no apartado convocatorias por listas previas)
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00