A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca:
·Axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
O prazo de presentación desta convocatoria é o seguinte:
· a) Para educación primaria e educación especial: Ata 2 de Xullo.
· b) Para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
· c) Para o alumnado de ESO que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
· d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos anteriores terá como data límite o 31 de marzo de 2016.
Lugar de presentación:
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Contía das axudas :
Segundo a renda per cápita familiar no ano 2013.Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán, os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración.E dividirase polo numero de membros da unidade familiar.
· Educación primaria: