O sábado día 13 de xuño desenvolverase en Dumbría a derradeira das Andainas “Coñece a Costa da Morte” .
Esta andaina tivo que aplazarse polo mal tempo o día 2 de maio.
O roteiro “CHAN DAS LAGOAS” DUMBRÍA ten a saída na Casa Cultural de Olveira, que a través dos montes desta parroquia ofrece unha inmellorable panorámica do val do Xallas e o encoro da Fervenza. Atravesando o Chan das Lagoas, éntrase en terras da parroquia de Berdeogas e remata a andaina descubrindo a carballeira, na que se atopa a fermosa Devesa da Lúa.
Pódense anotar chamando ao Concello de Camariñas (981736000), enviando un email a fran.puga@camarinas.dicoruna.es