O Concello

Departamentos

* LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA. ACTUALIZACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS ANO 2014 19/05/2015

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA. ACTUALIZACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS ANO 2014

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Función Pública, vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de maio pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ó ano 2014 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.  

Ademais da actualización definitiva de méritos indícase a puntuación total correspondente ós / ás integrantes das listas.

As listas entrarán en vigor a partir o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.   As listas atópanse a disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.es na epígrafe Función Pública  

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150518/AnuncioCA01-110515-0001_gl.pdf  

CONSULTA DAS LISTAS:    
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL    
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 / 653260746   
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     


© by Abertal