O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 19 de maio pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías sanitarias:
- Enfermeiro / a
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
- Médico/a de familia
- Médico/a especialista en medicina do traballo
- Pediatra de atención primaria
Publícase tamén, segundo a orde de prelación que ocupan nas listas definitivas, a relación de persoas aspirantes da categoría de médico/a de familia que acreditan estar en posesión do diploma de puericultura.
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ó da súa publicación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150519/AnuncioG0003-120515-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00