O Concello

Departamentos

* OBRADOIRO DE RECOLLIDA SELECTIVA NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS 15/05/2015

OBRADOIRO DE RECOLLIDA SELECTIVA NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS

O martes pasado 80 escolares de primaria dos colexios Camariñas e A Ponte do Porto participaron en dous obradoiros impartidos polo Grupo Soil, a empresa contratada polo Concello de Camariñas para a recollida selectiva dos contedores amarelos e azul.  

O obxectivos desta campaña son explicarlle aos rapaces a importancia dunha correcta separación dos distintos tipos de residuos e que o alumnado leve esta mensaxe a súas casas de cara a concienciar tamén as súas familias.
 
Nunha charla dinámica, participativa e divertida explicóuselle ao alumnado o que debe e non debe ir nos distintos contedores do lixo, a importancia de reducir os quilos no contedor verde, ou xenérico, de cara a reducir a factura que lle cobra Sogama aos concellos, con métodos como a compostaxe que xa é unha realidade na correcta xestión de residuos de Camariñas. Os colexios valoraron moi positivamente os obradoiros e desexarían repetilos no vindeiro curso.
 
Precisamente no ámbito da compostaxe, o Concello de Camariñas iniciou hai xa máis dun ano unha serie de campañas para fomentar a elaboración de compost que ten como froito que máis de 100  familias están de reducindo os residuos depositados no contedor verde. Ante o éxito da iniciativa, o concello non descarta ampliala nun futuro. 

O Concello de Camariñas experimentou nestes anos un incremento espectacular na recollida selectiva do colector amarelo aumentando un 183 % os quilos recollidos nestes colectores dende o ano 2011 e incrementando un 136% o número de colectores amarelos ubicados no Concello.


© by Abertal