O Concello

Departamentos

* Carreira Pedestre Concello de Dumbría 13/05/2015

Carreira Pedestre Concello de Dumbría

Aberto o plazo de inscrición na primeira Carreira Pedestre Concello de Dumbría, dentro do II Circuito Correndo pola Costa da Morte, a celebrar o día 23 de Maio.

 O sábado 23 de maio, temos previsto organizar a I Carreira Popular Concello de Dumbría. Nas probas poderán participar rapaces/zas nacidos entre os anos 1998 e 2011.

CATEGORÍAS  DISTANCIAS HORA SAÍDA
Infantís (2002-2003) 3.000 m 17,10
Cadetes (2000-2001) 3.000 m 17,10
Xuvenís (1998-1999) 5.000 m 18,00
Alevíns (2004-2005) 1.000 m 17,40
Benxamíns (2006-2007) 1.000 m 17,40
Pitufos (2008-2011) 300 m 18,45

A inscrición será gratuíta para estas categorías, e a data límite será o martes 19 de maio.(Ou ata mércores 20 de maio a través de www.championchipnorte.com)

As categorías base (dende pitufos ata xuvenís) poderán facer a inscrición de dúas maneiras:

1.   A través de www.championchipnorte.com: introducindo os datos persoais do atleta. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com. (Pitufos só mediante a opción 2).
2.   Presentando a autorización paterna (que aparece na parte dereita desta folla) debidamente cuberta e asinada, no Departamento de Deportes do Concello de Dumbria, ou entregándoa no teu colexio.

Os atletas inscritos deberán recoller o seu dorsal e CHIP dende as 15,30 h ata media hora antes da súa carreira na carpa habilitada para tal fin.. A categoría PITUFOS solo levará dorsal (non chip).

Premios: En categoría pitufo levarán medalla todos/as os/as participantes. Nas categorías benxamín e alevín, levarán medalla todos os participantes, e subirán ó podio os/as tres primeiros/as de cada unha destas categorías. Nas categorías infantil, cadete e xuvenil levarán medalla os/as tres primeiros/as participantes de cada categoría.

Descargas relacionadas


© by Abertal