O Concello

Departamentos

* Andaina Coñece a Costa da Morte, esta vez visitarase Corcubión 12/05/2015

Andaina Coñece a Costa da Morte, esta vez visitarase Corcubión

Este sábado día 16 de maio pódese partiipar na sétima Andaina Coñece a Costa da Morte, esta vez visitarase Corcubión.  

O roteiro de Corcubión  será de aproximadamente 13 km e circular, comeza na Praza Castelao, indo ata ás orixes de Corcubión no Iglesario, logo contiunuará por camiños buscando o mar e a continuación percorrerase o Camiño de Santiago ata o Albergue do Pelegríns, para rematar  o roteiro atravesando camiños por Oliveira, Quenxe e O Vilar.

As Andainas denominadas Coñece a Costa da Morte,  continuarán o sábado día 16 de maio en Corcubión, haberá bus a disposición das persoas interesadas sempre e cando o número de inscrit@s sexa de 15 ou máis, con paradas nas parroquias das persoas interesadas en participar.

AS ANDAINAS SÓ SERÁN SUSPENDIDAS NO CASO DE QUE SEXA DECRETADA A ALERTA LARANXA POLAS AUTORIDADES COMPETENTES.

Se naciches no ano 2008 ou anteriores e queres participar ti e/OU a túa familia na segunda andaina ou en todas, só tedes que entregar o recortable desta carta nas conserxerías dos colexios de primaria e na do IES ou ás titoras da Unitaria de Camelle en función de onde estudes. Tamén chamando ao Concello 981-736000 (preguntar por Fran, o Coordenador de Deportes) ou no email: fran.puga@camarinas.dicoruna.es e incluso aos monitores das actividades deportivas municipais.

7ª ANDAINA: CORCUBIÓN Percorrido circular de 13km aproximadamente.  

Saída do bus de Camariñas ás  9h da Praza de San Xurxo,

RECOMENDACIÓNS: Levar calzado adecuado e no caso que non repela a auga, levar outro para cambiarse, roupa cómoda que protexa da auga e unha mochila con auga e algo para comer. @S MENORES DE 16 ANOS DEBEN DE IR ACOMPAÑAD@S DUN ADULTO OBRIGATORIAMENTE.

Agardamos a vosa participación, un saúdo.

Descargas relacionadas


© by Abertal