O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de abril unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.
Categorías:
- Celador/a
- Persoal de servizos xerais
- Grupo auxiliar da función administrativa
- Cociñeiro/a - Pinche
As listas provisionais de admitidos / as e excluídos / as coa asignación aos/ás primeiros/as da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas encóntranse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión do persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150429/AnuncioG0003-220415-0002_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00