Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2015”da Xunta 28/04/2015
Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2015”da Xunta
BALNEARIOS NA MODALIDADE DE “todo incluído” E PREZOS POR PRAZA
Balneario de Acuña - Caldas de Reis – (Pontevedra).- 377,50 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Arnoia – Arnoia - (Ourense).- 377,50 €/praza
Balneario de Augas Santas, S.L.U. – Ferreira de Pantón – (Lugo).- 398,61 €/praza
Balneario de Baños da Brea, S.L. – Vila de Cruces – (Pontevedra).- 377,50 €/praza
Balneario de Baños de Molgas, S.L. – Baños de Molgas – (Ourense).- 316,64 €/praza
Balneario de Caldelas, S.L. – Tui – (Pontevedra).- 316,64 €/praza
Gran Balneario do Carballiño – O Carballiño – (Ourense).- 316,64 €/praza
Baños Viejos de Carballo, S.A – Carballo – (A Coruña).- 377,50 €/praza
Termas de Cuntis, S.L.– Cuntis – (Pontevedra).- 398,61 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Laias – Cenlle – (Ourense).- 398,61 €/praza
Caldaria Termal, S.L.U. Lobios – Lobios – (Ourense).- 377,50 €/praza
Balneario do Río Pambre, S.L. – Palas de Rei – (Lugo).- 377,50 €/praza
Balneario Termas de Lugo, S.L. – Lugo.- 398,61 €/praza
QUENDAS As quendas varían segundo o balneario solicitado e van dende o mes de xuño ata o mes de decembro do 2015 .
Requisitos:
- Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
- Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais
- Precisar o tratamento termal solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción
- Reunir os requisitos establecidos, na data en que remate o prazo de presentación da solicitude.
- Os/as cónxuxes non terán que cumprir o requisito da idade.
- Poderán participar os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade.
Documentación:
- A copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante vaia acompañado do/a fillo/a con discapacidade.
- No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, achegarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
- DNIs do solicitante, cónxuxe ou acompañante e, do/a fillo/a con discapacidade, se é o caso.
- Contías das pensións ou ingresos mensuais líquidos percibidos, para cubrir a solicitude.
Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, así como, opcionalmente en soporte papel.
O prazo remata o
14 de maio de 2015, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.
Descargas relacionadas