A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de febreiro de 2015 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.
Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2014 e o número de inscritos / as en cada lista resólvese:
- Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.
- Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo II - Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que están abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anaxo III)
- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo IV)
Listas que se abren (Anexo II)
· Persoal funcionario:
o Escala superior de estatísticos
o Escala técnica de finanzas
o Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade: arquivos
o Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas
o Escala de delineantes ·
Persoal laboral:
o Xefe/a de servizo técnicos. Encargado de mantemento. Conservador /a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos.Especialista de oficios.
o Encargado/a agrario/a
o Axudante/a servizos técnicos. Oficial /a 2ª mantemento
o Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación
Listas abertas (Anexo III):
· Persoal funcionario:
o Escala de veterinarios
o Escala superior de estatísticos
o Escala de profesores numerarios. Especialidade: Navegación marítima.
o Escala de profesores numerarios. Especialidade: medicina Subacuática e Hiperbárica
o Escala de profesores numerarios. Especialidade: Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas
o Escala de profesores numerarios. Especialidade: Comunicacións
o Escala de profesores numerarios. Especialidade: Procesos sanitarios
o Escala técnica de finanzas
o Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade: arquivos
o Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas
o Escala de mestres de taller. Especialidade: traballos técnicos de mergullo
o Escala de mestres de taller. Especialidade: servizos ao buque
o Escala de delineantes
o Escala de axentes forestais
Persoal laboral:
o Titulado /a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a asxunto/a, médico/a
o ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE
o Xefe/a de servizo técnicos. Encargado de mantemento. Conservador /a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos.Especialista de oficios.
o Encargado/a agrario/a
o Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro / a, xefa/a de cociña, cociñeiro
o Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira
o Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico / a, auxiliar de enfermería, coidador / a xeriátrico, coidador / a o Oficial 2ª cociña, cociñeiro / a oficial 2ª
o Axudante/a servizos técnicos. Oficial /a 2ª mantemento
o Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación
Requisitos:
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150227/AnuncioCA01-240215-0003_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR
http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00