O sábado día 18 de abril desenvolverase en Camariñas a cuarta das Andainas “Coñece a Costa da Morte”. O roteiro de Camariñas “ Coñece Camiños” partirá como aparece na in formación, da Plaza do Concello e percorrerá Camiños á beira da Ría de Camariñas e chegará á parroquia de Xaviña e alí gozarase dunha vistas extraordinarias dende o Monte da Ínsua , para rematar na Área Recreativa do Ariño.
O roteiro será lineal e polo tanto para voltar ao punto de saída o Concello de Camariñas poñerá buses para a volta, para todas aquelas persoas que se inscriban no Concello de Camariñas. Os participantes do resto de Concellos xa teñen os seus propios buses
Para anotarse chamando ao Concello de Camariñas (981736000), enviando un email a fran.puga@camarinas.dicoruna.es. Ademais os alumn@s dos CEIP O Areal e Ponte do Porto levarán follas de inscrición para poder deixar nas consexerías e tamén aos monitores das actividades deportivas municipais.