ORDE do 19 de marzo de 2015 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2015, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
O obxecto desta orde é convocar 150 axudas para estadías.
As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2015.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 euros.
Requisitos dos/das solicitantes
a) Estar matriculado no curso 2014/15, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia , e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Quedan excluídos/as
a) Os/as alumnos/as que xa resultasen beneficiarios/as desta axuda en anteriores convocatorias.
b) Os/as alumnos/as que durante o curso 2014/15 sexan adxudicatarios/as dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus.
Mais información no enlace :
http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2015/20150408/Secciones1_gl.html