O Concello

Departamentos

* EMPRESA SEAGA. Listas provisionais persoas admitidas e excluídas e período emenda erros 31/03/2015

EMPRESA SEAGA. Listas provisionais persoas admitidas e excluídas e período emenda erros

A Empresa Pública SEAGA vén de publicar varias resolucións polas que se aproban e se fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas e se abre o período de emendas nas seguintes categorías:  

- Xefe de brigada
- Peón
- Peón especialista
- Maquinista condutor

As persoas candidatas disporán dun prazo de 3 días hábiles (contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web de SEAGA) para poder presentar reclamacións das súas puntuacións ante o Director – Xerente de SEAGA e emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.  

Fin do prazo de reclamacións: 1 de abril de 2015 (inclusive)

As reclamacións só poderán ser presentadas: 

Nas oficinas de rexistro de Seaga. Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi 14  15890 Santiago de Compostela. Luns a xoves 9:00 – 14:00 e de 16:00 – 18:00 e venres de 9:00 a 14:00 h.

 - De luns a venres de 9:00 – 14:00 h nas oficinas sitas en: 

  • Polígono do Ceao. Rúa dos Carros. Parcela 17  27003 Lugo
  • Polígono da San Cibrao das Viñas, Sector C. Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela 1-G Nave 3  32911. San Cibrao das Viñas. Ourense.
  • Lugar Cabanas – Salcedo 54  36103 Pontevedra
  • Estrada N.VI KM 581  15640 Guísamo – Bergondo

A presentación de emendas e / ou reclamacións en oficinas distintas das anteriores non serán tidas en consideración para o proceso.  

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal