O Instituto Enerxético de Galicia convoca axudas económicas para o pagamento de parte da factura da luz, a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre de 2014 e primeiro semestre do 2015, para as familias con fillos menores a cargo e cuxos ingresos non superen a 1,5 veces o IPREM.
Finalidade:
Conceder un tícket eléctrico social ás familias que convivan con fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen a 1,5 veces o IPREM, é dicir, non pode superar os 684,65 €/mes (14 pagas) ou os 798,77 €/mes (12 pagas).
Requisitos e contía da axuda:
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter fillos menores a cargo.
- Estar pagando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
- Só se poderá presentar unha única solicitude por unidade de convivencia.
- Establécese unha Contía de 90 €/semestrais e, ata 150 €/semestrais se é familia numerosa.
Documentación:
- Os orixinais dos DNI de todos os convivintes da unidade de convivencia.
- O orixinal do libro de familia orixinal.
- As declaracións da renda do ano 2013 de todos os convivintes ou certificados de imputación de rendas do dito ano.
- Os orixinais das facturas emitidas do correspondente semestre e xustificantes do pagamento destas.
- O orixinal do título de familia numerosa, se é o caso.
- No caso de arrendamento, e sempre que o arrendatario se faga cargos dos gastos eléctricos, achegarase o orixinal do contrato de arrendamento correspondente.
Prazo e Lugar de solicitude: Ata o día 30 de abril de 2015 para as axudas do 2º semestre do 2014 e, para as axudas ao 1º semestre do 2015 o prazo será do 1 de xullo ata o 15 de setembro do 2015; a solicitude achegarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, e desde a páxina web do instituto Enerxético de Galicia, http://www.inega.es; será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia; ou, se non dispón destes documentos, nos servizos sociais de atención primaria do Concello de Camariñas; deberá pedir cita previa no dito departamento ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.
Camariñas, 5 de marzo de 2015
O concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade
Sergio Caamaño Fernández