O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 23/02/2015

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar  publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de decembro de 2014 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
 

Había dous prazos de solicitude segundo as distintas cualificacións profesionais. Lembrámosvos que do 15 de febreiro ó 15 de marzo de 2015 tedes aberto prazo para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:    
 
Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
-  Transporte sanitario SAN025_2  

Requisitos: 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.          
  • Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita. Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141204/AnuncioCA05-271114-0007_gl.pdf

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     


© by Abertal