A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 9 de febreiro unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios / as:
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición
Número de prazas:
180
Duración:
12 semanas (190 horas lectivas)
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT
Datas: segundo trimestre do ano
Inscrición:
na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.es Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico
Prazo: 7 días naturais a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. Do 10 ó 17 de febreiro (ata as 14:00 horas)
Taxa: As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa.
Resolución do DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150209/AnuncioG0177-300115-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
https://cemit.xunta.es/
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00