O Concello

Departamentos

* Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2015 06/02/2015

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2015

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2015.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do venres 6 de febreiro de 2015, consistente na omisión da publicación dos anexos I e II, procédese á súa publicación.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150209/AnuncioG0164-060215-0001_gl.pdf


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de febreiro o procedemento para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2015 nas seguintes especialidades:

-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-  Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-  Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente. - Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

TAXAS DE EXAME:
38,37 €.

PRAZO:
-  Convocatoria ordinaria: Do 9 ó 20 de febreiro de 2015
-  Convocatoria extraordinaria: Do 1 ó 13 de xullo de 2015

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150206/AnuncioG0164-300115-0001_gl.pdf  

MÁIS INFORMACIÓN:

CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal