O Concello

Departamentos

* Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos 03/02/2015

Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2015.  

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2-1-2012 e o 1-1-2015, inclusive) e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.  

Contía: cando sexa a primeira filla/o: 360 €; cando sexa a segunda filla/o: 1200 €; cando sexa a terceira filla/o e sucesivos: 2.400 €.

Requisitos
-          Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
-          Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.  

Documentación:

-          A Solicitude no modelo oficial que figura como Anexo I, poderá achegalo en soporte papel cuberto e asinado pola persoa solicitante, xunto coa documentación necesaria ou, por vía electrónica no enderezo da  sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos, (será necesaria unha copia dixitalizada da documentación que solicitan).
-          O Anexo II, cuberto e asinado polo outro proxenitor (parella ou cónxuxe do solicitante).
-          Copia do todas as follas do libro de familia.
-          Número da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
-          Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e, do convenio regulador ratificado polo xulgado, se é o caso.
-          Volante de empadroamento colectivo expedido polo Concello (este volante é gratuíto). Para Familias monoparentais, non vale volante, e necesario un certificado de empadroamento colectivo.  

Importante: Se o solicitante xa recibiu a prestación no ano 2014, so terá que enviar o Anexo I debidamente asinado pola persoa solicitante, o volante de empadroamento colectivo e a copia do libro de familias, sempre e cando se manteñan as mesmas circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación.  

Prazo: 14 de marzo de 2015. Para máis información nos Servizos Sociais ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.                           
Camariñas, 3 de febreiro de 2015

O concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade,
Sergio Caamaño Fernández

Descargas relacionadas


© by Abertal