O Concello

Departamentos

* Presentación de Camariñas en FITUR 2015 28/01/2015

O Concello de Camariñas presenta mañá xoves 29 de xaneiro (16.00h) no estand de Turismo de Galicia na Feria Internacional del Turismo (FITUR 2015) o acto "Camariñas. Descubre el corazón del encaje". Durante o mesmo exporanse os actos programados para a XXV edición da Mostra do Encaixe e a nova marca turística “Camariñas, o mar todo”.

Asistirán o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; Franco Quintáns, director da pasarela da Mostra do Encaixe; unha moza encaixeira e un representante de Aporta Comunicación, empresa executora do proxecto "Camariñas. O mar todo".


© by Abertal