O Domingo día 8 de Marzo desenvolverase en Camariñas a IV Carreira Pedestre Concello de Camariñas, dentro do II Circuito Correndo pola Costa da Morte. Esta segunda edición do Circuito ten varias novidades, a destacar a colaboración coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Dita colaboración consistirá, en que todos o que se recaude pola participación dos diferentes deportistas nas Carreiras 5K Contra o Cancro, doarase a dita asociciación e tamén haberá unha fila cero, para todos os interesados en colaborar con dita asociación. Máis información en www.Championchipnorte.com