O Concello

Departamentos

* PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS 22/01/2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 21 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Requisitos das persoas aspirantes:
- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderán matricularse tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

Prazo de presentación de solicitudes: do 16 ó 27 febreiro de 2015

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150121/AnuncioG0164-140115-0002_gl.pdf

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net 
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00 


© by Abertal