PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 09/01/2015
PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL OU DE VÍAS NON FORMAIS DE FORMACIÓN
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado 2 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:
FAMILIA PROFESIONAL:
Administración e xestión:
- Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
- Actividades de xestión administrativa
Agraria:- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
- Aproveitamentos forestais
- Actividades de floraría
- Produción de sementes e plantas en viveiro
Artes gráficas:- Impresión dixital
- Imposición e obtención da forma impresora
- Tratamento e maquetaxe de elementos gráficos en preimpresión
Edificación e obra civil:- Cubricións inclinadas
- Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
- Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
- Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
- Pintura decorativa en construción
- Eficiencia enerxética de edificios
- Representación de proxectos de edificación
- Control de proxectos e obras de construción
- Levantamentos e implantacións
Electricidade e electrónica:- Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
- Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
- Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
- Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
Fabricación mecánica:- Mecanizado por arranque de labra
- Soldadura
- Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
Hostalería e turismo:- Cociña
- Repostaría
- Pastelaría e confeitaría
- Servizos de bar e cafetaría
- Servizos de restaurante
- Recepción
- Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
Imaxe persoal:- Peiteado
- Coidados estéticos de mans e pés
Industrias alimentarias:- Repostaría
- Panadería e bolaría
- Pastelaría e confeitaría
Informática e comunicacións:- Sistemas microinformáticos
- Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
Instalación e mantemento:- Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
- Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
- Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
Madeira, moble e cortiza:- Mecanización de madeira e derivados
- Acabamento de carpintaría e moble
- Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
- Mecanización de madeira e derivados
- Instalación de elementos de carpintaría
Química:- Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
- Ensaios físicos e fisicoquímicos
- Análise química
Sanidade:- Transporte sanitario
- Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
- Farmacia
Servizos socioculturais e á comunidade:Transporte e mantemento de vehículos:- Pintura de vehículos
- Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
- Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
- Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
- Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
- Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
Requisitos: - Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
- Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
- Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.
- Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III,nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.
- Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición.
Prazo: Dende o
8 de xaneiro ó 6 de febreiro de 2015, ambos os dous incluídos.
Importante: é obrigatorio emprega-la
aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso.
CONTACTo COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA: 981 737 004 / 653 260 746 mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
Ligazóns relacionadas
Descargas relacionadas