O Concello

Departamentos

* Programa de Termalismo Saudable do Imserso 2015 16/12/2014

Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Saudable do Imserso para o ano 2015 Requisitos:

  • Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos.
  • Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
  • Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria.
  • Acadar  a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida.
Admitirase como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.

Quendas: de 12 días (11 noites) ou 10 días (9 noites), realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres e de uso compartido.

Prezo: varía  en función do balneario e do mes solicitado.

Documentación: DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe, clase de pensións que perciben coa contía mensual e, unha declaración xurada que está no reverso da solicitude.

Prazo e lugar da solicitude: para as quendas de febreiro a agosto ata o día 16 de xaneiro de 2015 e, para a súa inclusión na Lista de Espera, ata o 18 de maio de 2015; para as quendas de setembro a decembro ata o día 16 de maio de 2015 e, para a súa inclusión na Lista de Espera, ata o 30 de outubro de 2015; nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello de Camariñas.


© by Abertal