O Concello

Departamentos

* CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS 11/12/2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de agosto convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Atópase aberto o prazo de solicitude do 15/12/2014 ó 16/01/2015 para os cursos que dan inicio a partir de febreiro de 2015.Hai cursos en modalidade presencial e outros para facer en liña.

Duración:

  • Cursos de linguaxe administrativa galega, 75 horas
  • Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, 60 horas. 

MÁIS INFORMACIÓN:

CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737 004 / 653 260 746   
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Ligazóns relacionadas


© by Abertal