O Concello

Departamentos

* RECOLLIDA GRATUÍTA DE CARTÓN E PLÁSTICO DE ENVOLTORIOS NOS ESTABLECEMENTOS MUNICIPAIS 17/12/2010

RECOLLIDA GRATUÍTA DE CARTÓN E PLÁSTICO DE ENVOLTORIOS NOS ESTABLECEMENTOS MUNICIPAIS

No ano 2011 o Concello de Camariñas porá en marcha un servizo gratuíto de recollida do cartón e plástico de envoltorio nos locais das empresas e establecementos comerciais do noso concello.  

Este programa ten como obxectivos facilitar a recollida de embalaxes nas empresas, reducindo os problemas derivados da súa acumulación nos establecementos e do deposito en contedores, e diminuír o custo que lle supón ao concello a xestión destes residuos, máis de 150.000 euros anuais.

O servizo será realizado por unha empresa de xestión de residuos que previamente contactará con todas as empresas do concello. Os establecementos que se adhiran a este programa elixirán tanto os días como o horario no que desexan que se lles recollan os residuos. 

Ligazóns relacionadas


© by Abertal