Hoxe presentamos as primeiras sesións do programa co-emprende deseñado polo Concello de Camariñas e financiado por pola Deputación da Coruña.
O obxectivo do programa é motivar e formar nos valores da cooperación e do emprendemento ao alumnado do IES Pedra da Aguia e do CEIP do Areal.
Un técnico Ugacota, Unión de Cooperativas de Galicia, entidade contratada para desenvolver as sesións, transmitiu mediante a fábula da rá e do escorpión a necesidade de romper coa idea de que é mellor que todos perdamos a que os demais gañen algo e cambialo pola de que cooperando todos gañamos. Reforzou esta idea con exemplos de cooperación na natureza, na música e na sociedade.
As sesións serán todos os mércores de novembro ás 10:25 no CEIP do Areal e as 12:30 no IES Pedra da Aguia