O Concello

Departamentos

* "Grupo de encontro e debate" 30/10/2014

Ola, o pasado luns, dia 27 de outubro, comezou o " Grupo de encontro e debate" no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Esta actividade que comezou hai seis anos, e só se interrompeu  o curso pasado por falta de asistentes,ten por obxectivo crear un espazo de dialogo e aprendizaxe mutuo.

Trátase de xuntar nais, pais , mestres, mestras e diversos técnicos e falar sobre temas que preocupan na educación das nosas fillas e fillos. As xuntanzas vanse celebrar unha vez ao mes, os luns a partires das 16:30.

Neste curso están inscritas 25 persoas. De todos os xeitos, o prazo de inscrición segue aberto para aqueles pais e nais que estean interesados. So teñen que poñerse en contacto co centro escolar.

Nesta primeira sesión a coordinadora do grupo, Silvia Lijó, explicou o funcionamento da actividade e pediulle aos asistentes que aportaran temas do seu interese para posteriores xuntanzas.

O tema central desta xuntanza foron os adolescentes, sesión coordinada por Ali Trillo educadora familiar do Concello de Camariñas. Desenvolveuse dun xeito moi cordial e con moita participación e achegas  por partes de todos/as os/as  asistentes, especialmente polas nais.

A próxima sesión será o 24 de novembro ,"Prevención e sensibilización en violencia de xénero", impartida por Patricia Vaquero, técnica de Igualdade do Concello de Camariñas.


© by Abertal