Sae publicada no DOG de 28 de outubro de 2014 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Todas aquelas persoas que se anotaron este ano nas listas deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións.
Información publicada:
- Solicitantes admitidos /as na lista con indicación da puntuación provisional. - Solicitantes excluídos / as con expresión da causa de exclusión
Prazo de reclamacións:
10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia).
As reclamacións presentarante ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.
As listas poden consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.es na epígrafe Función Pública.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141028/AnuncioCA01-231014-0006_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00