O Concello

Departamentos

* Exención no Canon da auga e no coeficiente de vertedura para as persoas que se atopen en situación de exclusión social 17/10/2014

Exención no Canon da auga e no coeficiente de vertedura para as persoas que se atopen en situación de exclusión social

A Lei 9/2010 de augas de Galicia establece unha exención no canon da auga e, no seu caso, no coeficiente de vertedura para as persoas que se atopen en situación de exclusión social e, cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).  

Finalidade:
Exención do canon da auga e, no seu caso, do coeficiente de vertedura.  

Requisitos para poder solicitala:
-          O enderezo para o cal se solicita a dita exención debe coincidir co enderezo en que está empadroada a unidade de convivencia.
-          O titular do contrato que figura na factura da auga debe coincidir con algún dos membros da unidade familiar, de non selo caso, deberá xustificar que o solicitante é o pagador da factura-recibo de auga coa correspondente acreditación de ter domiciliado o pagamento desta. -          Atoparse nunha situación de exclusión social, é dicir, ser perceptores dunha RISGA, dunha PNC nas modalidades de invalidez ou xubilación ou, persoas que teñan unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposibilidade de desempeñar un traballo remunerado, que agraven a situación de exclusión social ou o risco de padecela recoñecidos na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.
-          Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), é dicir, a suma dos ingresos totais non poden superar os 6390,13 €/ano ou 532,51 €/mes.  

Documentación necesaria:           
-          Os  DNIs de toda a unidade de convivencia.
-          O volante de empadroamento colectivo (este é gratuíto e pídese no Concello).
-          A última factura-recibo da auga.
-          A Acreditación de domiciliación bancaria da dita factura, no caso de que o solicitante non sexa o titular do subministro.
-          Os xustificantes de ingresos de toda a unidade de convivencia: pensións, nóminas, as declaracións da renda do último exercicio fiscal ou certificados de imputación de rendas, informe de vida laboral, etc..  

Prazo e Lugar de solicitude:
todo o ano, no departamento de  Servizos Sociais de atención primaria do Concello de Camariñas; deberá pedir cita previa persoalmente ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.                                                                                   

Camariñas, 16 de outubro de 2014
O concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade,    
Sergio Caamaño Fernández

Descargas relacionadas


© by Abertal