O Concello

Departamentos

* PRIMEIRO RAID DE AVENTURA EN CAMARIÑAS 08/10/2014

PRIMEIRO RAID DE AVENTURA EN CAMARIÑAS

Carreira de Montaña, BTT E kayak con orientación.  Pasarase polos lugares máis emblemáticos do Concello de Camariñas, Cabo Vilán, Cemiterio de los Ingleses, Camariñas, Camelle , Ponte do Porto e Xaviña. Sábado 18 de outubro entre las 10 e as 19 horas.

RAID DE CAMARIÑAS 

O raid de aventura de Camariñas está dividido en 6 seccións, e terá un percorrido dun 70 kms.

Saida: 10:00 Antigua Lonxa
Peche de meta: 19:00 Club Náutico

Seccións:
1.     Carreira a pe. Polo casco urbano de Camariñas. O percorrido será Score (isto quiere dicir que se porá visitar os puntos de control na orde que un queira.
2.     Carreira a pe. 11 kms.
3.     BTT. 21 kms.
4.     Carrera a pe. 6 kms.
5.     BTT. 17 kms.
6.     Kayak. 7 kms.

A organización facilitará aos corredores un mapa cos puntos de control ao principio de cada sección. Estos mapas daranse na mesa de organización sita en todas las transicións.  Cada equipo levará unha tarxeta con casillas numeradas, onde poderá marcar no punto de control que pasou por ese lugar. Os equipos poderán deixar puntos de control sen visitar, se así o estiman oportuno para poder entrar na hora de corte.

Obviamente, gañará o equipo que máis puntos de control visite.

Estímase que o 50% dos equipos serán capaces de facer todos os controis, o tempo invertido en visitalos decidirá o gañador.

Categorías:

-Élite: 3 corredores que estarán sempre en carreira. Os equipo élite non terán asistencia nas transicións. Terán que dar unha bolsa á organización que se encontrarán ao finalizar a Seción 3 e outra que se encontrarán ao final da sección 5. En cada bolsa terán que depositar o que consideren necesario para esas seccións (comida, zapatillas de correr, etc.)A organización proveerá de auga nas transicións 3,4 e 5-

Aventura: 3 componente. 2 en carreira e 1 de relevo. É dicir, poderanse alternar como eles estimen oportuno para realizar as seccións, pero dous sempre terán que estar en carreira. O terceiro terá que desplazarse aos lugares de transición que indique a organización.

O material obrigatorio para a carreira por corredor e sempre en carreira é:
·        Btt
·        Casco btt
·        Botiquín de primeiros auxilios (1 por equipo)
·        Silbato
·        Recipiente para bebida de polo menos 2 litros
·        Móbil (con pin inscrito)
·        Aparato gpstracktherace (facilitado pola  organización)
·        Kayak (facilitado pola organización)
·        Palas e chalecos salvavidas (facilitados pola organización) 

O boletín con toda a información da carreira podédelo atopar en:www.fegado.es

A inscripción pódese facer a través de:www.tracktherace.com

Custo por equipo: 54 euros
Custo da licenza dun día (para aqueles que non teñan licencia anual) 7 euros por persoa.


© by Abertal