O Concello

Departamentos

* Mergúllate no océano - CAMPUS DO MAR 28/07/2014

Mergúllate no océano - CAMPUS DO MAR

Ciencia mariña para todos os públicos en Camariñas da man de "Mergúllate no Océano"

Domingo 3 e luns 4 de agosto instalarase na praza do mercado un recinto divulgativo promovido
polo Campus do Mar que busca achegar o coñecemento do mar á sociedade.


Vigo, 31 de xullo de 2014- Camariñas recibe este domingo e luns “Mergúllate no Océano”, unhaacción de divulgación científica promovida polo Campus do Mar, que se instalará na praza domercado para achegar as ciencias e tecnoloxías mariñas á sociedade e concienciar sobre aimportancia que para o progreso da humanidade teñen o coñecemento e a conservación dosocéanos. Durante os dous días nos que “Mergúllate no Océano” estará na costa da Morte, osparticipantes poderán sentirse como auténticos científicos mariños realizando coas súaspropias mans sinxelos experimentos e descubrindo como funcionan os océanos. Esta propostadivulgativa para todas as idades está promovida polo Campus de Excelencia Internacional -Campus do Mar co apoio do Concello de Camariñas e o financiamento do Ministerio deEducación, Cultura e Deporte.

 “Mergúllate no Océano” concébese como un recinto expositivo duns douscentos metroscadrados de extensión no que, a través de sete obradoiros, os visitantes poderán descubrir, porexemplo, de onde procede o peixe que comemos habitualmente, como funcionan as correntesmariñas, que hai nunha pinga de auga de mar, os impactos que ten a acidificación dos océanosderivada das emisións de CO2, ou a importancia que teñen as dunas nos ecosistemas. Osmonitores, expertos en divulgación, buscan en cada unha das actividades implicar ao públicoasistente e espertar a súa curiosidade plantexándolles pequenos retos para que, como fan díaa día os investigadores, podan chegar a descubrir o funcionamento do mar e dos seres que o habitan.

 Aqueles que queiran participar nesta experiencia recibirán á entrada un pasaporte que deberánir selando en cada un dos obradoiros a medida que van completando as diferentes actividadespropostas, que abranguen ámbitos tan variados como a ecoloxía, a bioloxía mariña, aoceanografía ou as tecnoloxías aplicadas ao medio mariño. Unha vez acaden todos os selosserán xa uns auténticos científicos mariños e poderán cambiar o seu pasaporte por un pequenoagasallo á saída.

 Os obradoiros de “Mergúllate no Océano” estarán abertos ininterrumpidamente o domingo e oluns entre as 11 e as 20:30 horas, con entrada libre para todos os interesados en aumentar oseu coñecemento sobre o medio mariño e pasar un bo rato aprendendo. Aínda que inicialmenteestaba previsto que as actividades se desenvolverán sábado e domingo, a predición decontinuas chuvias para o sábado obrigou a organización e concello a modificar as datas.

 Camariñas constitúe a parada central desta acción que durante os meses de xullo e agostoestá a percorrer por cuarto ano consecutivo diferentes vilas costeiras galegas como Vigo eVilagarcía de Arousa, onde participaron cerca de 4.000 persoas, Viveiro e Cangas do Morrazo,dentro do programa de divulgación científica do Campus do Mar, un proxecto promovido polasUniversidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, o Consejo Superior deInvestigaciones Científicas e o Instituto Español de Oceanografía e no que participan 25universidades, centros e plataformas tecnolóxicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conintereses na docencia e investigación mariña.

Contacto coordinación: Jorge de los Bueis – 639 539 442
Contacto comunicación: José Jato – 646 038 743

Descargas relacionadas


© by Abertal