O Concello

Departamentos

* I CONCURSO AMATEUR DE BAILE DE SALÓN 25/06/2014

I CONCURSO AMATEUR DE BAILE DE SALÓN

Sábado, 16 de agosto 
Lugar: Casa de Pedra (Camariñas) 
Hora: 20:30h 
Información: Tfns. 602459515 / 654819409 e web:  www.camarinas.net
 
BASES  

PRIMEIRA.
Requisitos de participación.
Os Campionatos de Baile están abertos a todos/as os afeccionados/as que cumpran os seguintes requisitos:  

- Os participantes deberán ter unha idade mínima de 16 anos.
- As inscricións realizaranse en parella mixta.
- Non poderán inscribirse aquelas persoas que se dediquen profesionalmente a esta actividade. Persoas que impartan ou impartiron no seu momento clases de baile en calquera das modalidades de baile obxecto do Concurso, nin parellas que compitan ou competiron a nivel nacional ou internacional.  

SEGUNDA.
Inscrición.
Para inscribirse será obrigatorio que os dous membros da parella presenten a folla de inscrición asinada, facilitando os seus datos persoais, así como fotocopia do DNI, comprometéndose a cumprir as bases do Concurso e a cesión dos dereitos de imaxe.  

O Concurso non se realizará se non hai un mínimo de 20 parellas  inscritas.  

TERCEIRA.
Cota de inscrición.
Será de 15€ por parella que se farán efectivos no mesmo local ao facer a inscrición definitiva.  

CUARTA.
Período de inscrición e lugar de presentación.
A inscrición poderá descargarse desde a data de publicación das presentes bases na web institucional do Concello de Camariñas (www.camarinas.net) ata o 14 de agosto de 2014  incluído.
A solicitude de inscrición poderá presentarse por correo electrónico (anamartinez.biblioteca@camarinas.net),  por correo postal [( I Concurso Amateur de Baile de Salón, Servizo de Cultura do Concello de Camariñas, Praza da Insuela, 57- CP: 15123, Camariñas (A Coruña)] ou no Rexistro Xeral do Concello de Camariñas.  

QUINTA.
Modalidades de baile.
O concurso divídese en dúas modalidades  

Baile de Salón Estándar: bailaranse os seguintes ritmos:
Tango
Valse Vienés
Rock and roll
Swing  

Baile de Salón Latino: bailaranse os seguintes ritmos
Salsa.
Chachacha
Merengue
Bachata    

Todas as parellas inscritas deberán bailar todos os ritmos, senón serán penalizadas.  

Deberá haber inscritas un número mínimo de 10 parellas para a realización da súa modalidade, de non ser así o xurado reservase a posibilidade de facer as modificacións oportunas.  

SEXTA. O vestiario será libre. Recoméndase o uso de zapatos específicos de baile de salón.  

SÉPTIMA.
Desenvolvemento do concurso.  
a) Os participantes deberán bailar todos os ritmos detallados nas bases para cada unha das modalidades e terán  preparado unha coreografía.  
b) A duración de cada actuación será de 2 minutos 30 segundos .  
c) Realizarase unha selección das parellas participantes,  previa ao concurso, o venres 15 de agosto de 2014, ás 20:00h .  

OITAVA.
Xurado  e criterios de valoración.
O xurado estará composto por personalidades do mundo artístico, profesores de baile, profesionais dos medios culturais, sociais e de comunicación. O Concello de Camariñas resérvase o dereito de modificar os compoñentes  que forman parte do xurado.  
O xurado terá en conta os seguintes criterios.
1. Valorarase principalmente o seguimento do compás da música.
2. A expresividade: saber expresar o carácter do baile.
3. A compenetración dos compoñentes da parella
4. A variedade de pasos e figuras de baile.
5. Coreografía  

A decisión do xurado será inapelable.  

O Concello resérvase o dereito a modificar estas bases antes do inicio do concurso, así coma a suspensión do mesmo por causas xustificadas.  

NOVENA.
Premios.
  1º premio: 500€ + obsequio de Encaixe de Camariñas
2º premio: Fin de semana nun hotel ou casa rural + obsequio de Encaixe de Camariñas
3º premio: Cea para dúas persoas + obsequio de Encaixe de Camariñas  

O primeiro premio entregarase en metálico ao finalizar o acto. O segundo e o terceiro mediante un vale. Os participantes deben identificarse mediante o seu DNI e asinar o xustificante de entrega do premio. Será imprescindible o cumprimento destes requisitos para efectuar a entrega do premio.  

DECIMA.
Comunicación cos participantes.
Anunciaranse datas, horarios, bases e demais información sobre o concurso na web oficial do Concello de Camariñas (www. camarinas.net), a través de folletos informativos e carteis publicitarios. Pode solicitar máis información no teléfono: 602459515 / 654819409.  

Casting das parellas participantes
venres, 15 de agosto de 2014
Lugar : Casa de Pedra (Camariñas)
Hora: ás 20:00h .  

Concurso de Baile de Salón  
Sábado, 16 de agosto
Lugar: Casa de Pedra (Camariñas)
Hora: 20:30h  

UNDÉCIMA.
A organización non se responsabilizará de ningún dano físico ou material sufrido ou causado polos participantes durante o concurso, incluíndo perda ou roubo de obxectos e pertenzas.  

DUODÉCIMA.
Compromiso de participación.
A participación no presente concurso supón a aceptación das bases así como acatar as decisións que tome o Xurado ou a organización.

Descargas relacionadas


© by Abertal