Na nota que se subiu ao perfil en facebook da Axencia de Desenvolvemento Local o pasado mércores explicábase como se pode optar ás prazas que convoca o Concello de Camariñas. Ampliamos a información respondendo a consultas recibidas.
A selección de persoal realízase sempre a través DUNHAS BASES. Polo tanto, pódese presentar calquera persoa que cumpra os requisitos, aínda que non resida no concello. As bases poderanse consultar no Taboleiro de Edictos que está situado na entrada do concello, ou na web da Sede Electrónica municipal: http://bit.ly/1m027wJ
Por outro lado, ás veces hai prazas subvencionadas que teñen que ser seleccionadas a través dunha OFERTA DE EMPREGO no Servizo Público de Emprego. As persoas interesadas deberán ter a tarxeta de demanda de emprego en vigor e ter solicitado o posto có código adecuado na Oficina de Emprego de Cee. Ademais, obrigatoriamente terán que residir no concello.
Para máis información, pódese contactar coa Orientadora Laboral na Casa de Pedra, nos teléfonos 981 73 70 04 e 653260746, ou por mail a mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
Neste perfil de facebook seguiremos subindo as ofertas de emprego que aparezan en Galicia: https://www.facebook.com/adlcamarinas