A Deputación de A Coruña oferta a posibilidade de que 3 nen@s, de entre 10 e 14 anos (nad@s nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000), do noso Concello podan participar nunha nova edición dos Campamentos Deportivos.
Dito campamento desenvolverase en A Coruña no mes de xullo, a quenda que lle corresponde aos nen@s do noso Concello é do 13 ao 19 de Xullo.
O transporte correrá por conta dos participantes. O CUSTO MARCADO POLA DEPUTACIÓN é de 85€ como cota de participación segundo informa a mesma Deputación.
Para anotarse en dita campaña só teñen que vir vosos pais polo Concello (Departamento Deportes) e cubrir unha ficha de preinscripción.
Por orde da Deputación os Concellos que, unha vez rematado o prazo de inscrición, teñan máis solicitudes que o número de prazas que asignou a Deputación, realizarán un sorteo público diante da secretaria.
O prazo máximo de inscrición será o luns 19 de maio.
Para máis información non dubidedes en chamar ao Concello de Camariñas de luns a venres de 9´30 a 13´30 ao
981-736000 e preguntar por Fran Puga o Coordinador de Deportes.
A Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes