O Concello

Departamentos

* CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO 07/04/2014

CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvolverá no mes de maio diferentes cursos sobre busca de emprego.

O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral.

Os distintos obradoiros son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse  4 cursos:

07 de maio. Busco traballo, por onde empezo?. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén a selección do obxectivo profesional.

14 de maio. Curriculum e cartas de presentación. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

21 de maio. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.  

28 de maio. Información laboral útil. Informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo e prestacións dependentes do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal).

Os cursos terán lugar os mércores en horario de 10:00 a 13:30 horas.  

Para poder participar nos cursos é obrigatorio estar rexistrado /a no Servizo Público de Emprego e inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.


MÁIS INFORMACIÓN
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal