O Concello

Departamentos

* PROGRAMA “Camariñas en clave de Igualdade" 01/04/2014

PROGRAMA “Camariñas en clave de Igualdade

OBRADOIROS DE IGUALDADE E PREVENCIÓN  DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS.

PROGRAMA “Camariñas en clave de Igualdade"

Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas vimos desenvolvendo actuacións sensibilizadoras e preventivas en temáticas de igualdade de oportunidades e violencia de xénero dende hai xa uns anos, que nos levan a realizar distintos obradoiros nos centros educativos do noso concello. Estas actuacións se enmarcan dentro do programa de traballo preventivo e de concienciación no ámbito escolar "Camariñas en clave de Igualdade" financiado pola Deputación da Coruña. Os obradoiros comezaron o pasado 28 de xaneiro e remataron  onte 31 de marzo.

Os obradoiros realizados este ano foron:

Educación en igualdade
que estivo  dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaría (5º e 6º) dos dous centros educativos do concello comprendidos en idades de 10 e 12 anos cun total de 91 alumnos/as.

Prevención da Violencia de Xénero
, que está dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto, cun total de 88 alumnos/as.

Estampación de Camisetas con temática de Igualdade:
que estivo  dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaría (5º e 6º) dos dous centros educativos do concello comprendidos en idades de 10 e 12 anos cun total de 91 alumnos/as.

Dende a área de Igualdade creemos vital a educación en igualdade e a prevención e sensibilización da violencia de xénero, coa convicción da importancia do traballo nas aulas.

Tamén agradecer o alto grao de colaboración dos centros escolares do noso concello.
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deporte


© by Abertal