O Concello

Departamentos

* LISTAS SEAGA. CONVOCATORIA PROBA DE GALEGO 01/04/2014

LISTAS SEAGA. CONVOCATORIA PROBA DE GALEGO

A Empresa Pública SEAGA vén de publicar unha resolución pola que convoca ás persoas candidatas que non acreditaron o coñecemento do idioma galego á realización da proba de galego correspondente ás seguintes categorías: 

-      Capataz
-      Xefe de brigada
-      Peón especialista
-      Peón 

Data da proba:
3 de abril de 2014
Hora: A partir das 9:00. Consultar a hora que lle corresponde a cada persoa no enlace que se sinala máis abaixo.
Lugar: Centro Empresarial do Polígono do Tambre
Enderezo: Vía Edison Nº 1  15890 Santiago de Compostela 

Os chamamentos serán únicos e a orde de actuación dos candidatos realizarase comezando alfabeticamente pola letra “X”. 

As persoas candidatas deberán acudir provistas do DNI ou, no seu defecto pasaporte ou carné de conducir orixinais, ou documento equivalente sendo excluídas as persoas que non poidan acreditar a súa identidade. 

Non se permitirá no recinto onde se realice a proba o acceso ou tenza de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico nin de calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa candidata para auxiliarse na realización do dito exercicio. 

PARA CONSULTAR PERSOAS CONVOCADAS E HORARIOS DA PROBA:
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.htm 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal