O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA VARIAS CATEGORÍAS 26/03/2014

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de marzo pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias de xestión e servizos.

Categorías:

-      Grupo auxiliar da función administrativa.
-      Celador / a
-      Persoal de servizos xerais 

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

As listas entrarán en vigo con efectos de 27 de marzo de 2014. 

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140325/AnuncioG0003-200314-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal