O Concello

Departamentos

* CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4 EN PONTE DO PORTO 25/03/2014

CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4 EN PONTE DO PORTO

Informámosvos de que a Xunta de Galicia vén de concedernos un curso preparatorio de galego nivel Celga 4.

O curso terá carácter gratuíto e desenvolverase na Ponte do Porto.

Datas: do 1 de abril ó 28 de maio
Días: de luns a venres
Horario: 19:00 – 21:00 
Lugar: IES Pedra da Aguia. Ponte do Porto

Aínda que se acadaran as inscricións mínimas requiridas pola Xunta de Galicia producíronse algunhas baixas polo que contamos con prazas vacantes. Todas aquelas persoas interesadas en asistir a este curso contactade á maior brevidade coa orientadora laboral do concello.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.  

Máis información e inscricións: 

CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal