O Concello de Camariñas pon en marcha no municipio un programa de compostaxe doméstica.
O proxecto forma parte do programa "Camariñas verde" subvencionado pola Deputación da Coruña. Hai 3 anos realizouse un proxecto similar ca participación de 40 familias de Xaviña acadándose un bo resultado. Agora serán 25 familias.
O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.
Para poder levar adiante o proxecto os participantes deben habitar nunha vivenda cun pequeno terreo, xardín ou horta ao lado. Dada a boa experiencia acadada hai 3 anos escolleuse de novo Xaviña, o núcleo rural máis grande do Concello.
O Concello repartirá de maneira gratuita, un composteiro a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso. Os veciños/as, contarán co asesoramento técnico persoalizado a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra e a colaboración do Grupo Soil.
Dende hoxe, o listado para inscribirse estará aberto na Casa de Pedra do Concello de Camariñas, a disposición de todos os veciños de Xaviña. De entre todas as persoas solicitantes escolleranse finalmente 25 que cumplan os requisitos e gardaranse o resto de solicitudes para unha posible ampliación do proxecto máis adiante.
PRAZO de inscrición: ata o mércores 26 de marzo.
--
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Desenvolvemento Local, Mar e Turismo.
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004