O Concello

Departamentos

* Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos 18/03/2014

Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2014.  

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2014 (nados entre o 2-1-2011 e o 1-1-2014, inclusive) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.

Contía: un pagamento único de 360 € por cada un dos fillos menores de 3 anos.


Requisitos

-          Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
-          Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.  

Documentación
:

-          A Solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es, (será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia); Alternativamente, tamén poderán presentarse solicitudes en soporte papel, segundo o modelo oficial, Anexo I, cuberto e asinado pola persoa solicitante.

-          O Anexo II, cuberto e asinado polo outro proxenitor (parella ou cónxuxe do solicitante).
-          Copia do todas as follas do libro de familia.
-          Número da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
-          Volante de empadroamento colectivo da persoa solicitante expedido polo Concello. (*Se xa recibiu a axuda no ano 2013 non lle fai falla). Para Familias monoparentais, non vale volante, e necesario un certificado de empadroamento colectivo.  

Importante
:

Se o solicitante xa recibiu a prestación no ano 2013, só terá que cubrir/enviar o Anexo I debidamente asinado pola persoa solicitante, sempre e cando se manteñan as mesmas circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación.  

Prazo: 26 de abril de 2014. Para máis información nos Servizos Sociais ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.                             
Camariñas, 18 de marzo de 2014

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade,
Saúde e Deportes,

Mª Carmen Linares Chica

Descargas relacionadas


© by Abertal