O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo unha resolución pola que se publican as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á consellería de Sanidade en diversas categorías de xestión e servizos.
Categorías:
- Grupo técnico da función administrativa
- Grupo de xestión da función administrativa
- Enxeñeira /o técnica / o
As listas coa relación provisional de admitidas / os e excluídas / os en cada unha das categorías atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo indicado nesta resolución, non emenden o/s defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso de selección.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140313/AnuncioG0003-050314-0002_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00