O Concello

Departamentos

* PUNTUACIÓN DEFINITIVA LISTAS SERGAS MÉDICO / A DE FAMILIA 18/03/2014

PUNTUACIÓN DEFINITIVA LISTAS SERGAS MÉDICO / A DE FAMILIA

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo pola que se publica a relación definitiva de admitidos / as e excluídos / as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de médico / a de familia.

A lista definitiva de excluídos / as e a lista definitiva de admitidos / as coa asignación da puntuación provisional e mais o número de orde acadados atópanse publicados na páxina web do Servizo Galego de Saúde  www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra a lista definitiva de admitidos / as e excluídos / as as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación. 

As persoas admitidas, con respecto ós resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140313/AnuncioG0003-050314-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal