O Concello

Departamentos

* Cursos de galego en liña preparatorios para as probas de acreditación do Celga 1 04/03/2014

Cursos de galego en liña preparatorios para as probas de acreditación do Celga 1

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou desde o seu web www.xunta.es/linguagalega, unha nova edición dos cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no seu primeiro nivel.

Trátase dunha acción formativa dirixida, nomeadamente, a persoas estranxeiras, non galegofalantes ou que non conten con formación en lingua galega e que estean interesadas en achegarse ao idioma para melloraren a súa competencia lingüística básica en galego.

A solicitude de matrícula neles estará aberta ata o vindeiro 22 de marzo.Esta oferta teleformativa contempla un total de tres cursos gratuítos que darán comezo o 31 de marzo nos que se admitirán, por rigorosa orde de chegada, ata 50 solicitudes en cada un (150 en total).

Desenvolveranse durante 10 semanas durante as que o alumnado se deberá preparar para os exames de acreditación do Celga 1 mediante o traballo das 10 unidades didácticas que conforman o curso exercitando as catro competencias lingüísticas en galego (expresión e comprensión oral, e expresión e comprensión escrita).

A Xunta de Galicia aposta desde esta liña de traballo polos sistemas de ensino e aprendizaxe en liña para facilitarlles o acceso á formación de lingua galega ás persoas adultas que desexan adquirir ou mellorar a súa competencia lingüística aproveitando as vantaxes que ofrecen as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no ámbito da formación.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     


© by Abertal