O Concello

Departamentos

* OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO 28/02/2014

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 26 de febreiro de 2014 un decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014. 

Prazas: 

Corpo de profesores de ensino secundario: 117
 

Distribución: 

Sistema de ingreso libre: 83
Sistema de acceso desde os corpos docentes clasificados no subgrupo A2:  24 

Do total das prazas ofertadas para o ingreso e acceso reservarase unha cota do 7% do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.  

As prazas que queden vacantes da quenda de discapacidade acumularanse ás convocadas no sistema de ingreso libre ou no sistema de promoción interna, segundo corresponda. 

No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva superase a proba e non obtivese praza na citada quenda, sendo a súa puntuación superior á obtida por outro persoal aspirante do sistema de ingreso ou de acceso, será incluída pola súa orde de puntuación no sistema que proceda. 

ENLACE Á ORDE DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140226/AnuncioG0164-180214-0003_gl.pdf
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal