O Concello

Departamentos

* ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2013 LISTAS XUNTA DE GALICIA 28/02/2014

ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2013 LISTAS XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006.

As listas pódense consultar no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas Oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficias comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela) 

Unha vez realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no DOG.  

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140227/AnuncioCA01-250214-0001_gl.pdf

ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746    
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal